Novas Tecnoloxías ofrece á cidadanía varios cursos para mellorar as súas competencias dixitais

As actividades, de carácter gratuíto, desenvolveranse durante o mes de marzo con obradoiros para abondar no manexo dos teléfonos móbiles e na iniciación á informática para persoas maiores

Luns, 02 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Novas Tecnoloxías ofrece á cidadanía varios cursos para mellorar as súas competencias dixitais

Novas Tecnoloxías ofrecerá á cidadanía nas vindeiras semanas varios cursos para mellorar as súas competencias e habilidades dixitais.

Así, entre o 9 e o 13 de marzo, en horario de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar un taller destinado a usuarios de todas as idades que queiran sacarlle maior partido ao seu teléfono móbil. Haberá 15 prazas dispoñibles e, para participar, resulta imprescindible contar cun exemplar de Smartphone

Igualmente, dende o luns 9 e até o venres 27, desenvolverase un obradoiro de iniciación á informática para persoas maiores de 55 anos. A formación terá lugar durante a mañá, de 10:30 a 12:30 horas, para o que tamén se habilitaron outras 15 prazas.

As e os interesados poderán inscribirse, antes do sábado, 7 de marzo, no Centro de Novas Tecnoloxías ben presencialmente, a través do teléfono 982.29.73.77 ou do correo electrónico novastecnoloxias@lugo.gal

Do mesmo xeito, continúan as titorías tecnolóxicas os sábados 14 e 28, de 17:30 a 19:00 horas, dirixidas á veciñanza que precisa aclarar algunha dúbida sobre diferentes cuestións relacionadas coas novas tecnoloxías. Poden apuntarse nas mesmas ate o día anterior á súa celebración.

Noticias relacionadas