Niloufar Banisadr cautiva ao público lugués coa dualidade da súa mente e entre dúas apariencias impostas

Ana Abelleira foi a encargada de darlle paso á artista, que versou o faladoiro na súa experiencia dende os seus primeiros traballos artísticos que foron censurados ata os desenvovlidos actualmente no seu exilio en Francia

A mostra autobiográfica desta fotográfa, composta por distintas series de fotografías, un total de 35, poderase visitar ata o día 11 de marzo no Vello Cárcere

Xoves, 01 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
P3010357

A artista iraní afincada en París, Niloufar Banisadr, que expón as súas obras no Vello Cárcere, cautivou este xoves ao público lugués que se achegou ao auditorio deste centro cultural para escoitar a súa conferencia Arte, desafío e cultura. A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, acompañada da comisaria da mostra, María Díaz, da galería luguesa About Art, foi a encargada de darlle paso á artista, que versou o faladoiro, enmarcado na programación cultural do Concello e que abre ademais as actividades de cara a conmemora o Día Internacional da Muller, na súa experiencia dende os seus primeiros traballos artísticos que foron censurados ata os desenvovlidos actualmente no seu exilio en Francia, recorrendo o mundo coa súa arte. Ademais, a artista falou sobre o seu compromiso coa muller e a súa visitón da mesma no ámbito da arte contemporánea, sempre desde unha perspectiva de compromiso social e gran actualidade.

A mostra, Irán, París, Lugo está formada por distintas series fotográficas, un total de 35, entre as que destacan unha selección de imaxes inéditas relacionadas coas mulleres iranianas encarceadas en Teherán despois de manifestarse nas rúas da cidade no ano 2009. É de acceso gratuíto, e aínda se pode visitar, todos os días da semana, ata o 11 de marzo, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

A obra reflicte o conflito entre a liberdade e a censura e suxire unha loita para desfacerse dos grilletes da tradición. É unha mostra autobiográfica na que Niloufar Banisadr amosa a historia, os sentimentos a as contradicións entre a cultura iráni e a francesa, amosando, a través dunha apariencia provocativa, a dualidade da súa mente e entre dúas apariencias impostas.

A artista

Niloufar Banisadr nace en Teherán no ano 1973 nunha tranquila familia tradicional, maiormente relacionada co Sah de Persia. Un dos seus tíos converteuse no presidente electo despois da revolución islámica, pero en menos de dous anos viuse obrigado a exiliarse, algo que marcou en gran medida a vida de familia.

Estudou Belas Artes na súa cidade natal pero pronto atópase co problema da censura, o cal lle chega a supoñer un perigo real para ela e a súa familia, coa súa primeira serie artística She is light, na que estuda a relación do seu corpo no espazo arquitectónico. A partires dese momento, e aínda moi nova, foi conscente da falla de liberdade creativa no seu país, sobre todo no que respeta a ela como artista e como muller, polo que comenza a substituir o seu propio corpo polo dunha cadeira que a vai retratar en multitude de lugares e posicións, viaxa con ela polo mundo e chega así a ser unha artista recoñecida no seu país.

Cando Niloufar ten a madurez suficiente e grazas á súa posición social, dunha familia da aristrocracia iraniana, depois de viaxar polo mundo, decide buscar a liberdade en Europa e instálase en París. É a partir deste punto que comeza a traballar máis libremente e gradualmente a se librar do fardo da censura á que fora sometida en Irán e inconscientemente internalizada en ela mesma.

Hoxe, a arista iraniana é conscente de que non é 100% libre, sempre coida de ensinar certas obras demaisado explícitas, sobre todo nas redes sociais e na prensa, por medo a represalias contra ela e a súa familia.

Na serie Mes voyages, que se pode ver no Vello Cárcere, atópanse imaxes da súa nova vida en Francia e as súas constantes viaxes ao redor do mundo como artista. Conta unha nova historia, a historia dunha viaxe de 15 anos, unha loita entre a lbierdade e a censura, a tradición e a modernidade, o íntimo e o universal, oriente e occidente; en definitiva, é unha loita constante e sutil da artista cara á liberdade, dende unha perspectiva estética e contemporánea.

Multimedia

  • P3010359

Noticias relacionadas