“O futuro de Lugo pasa por dispoñer dun espazo urbano moderno, sostible, ecolóxico e acolledor que achegue calidade de vida e facilite a socialización, por un rural competitivo e innovador e por unha economía dinámica e en continuo crecemento”, afirmou o novo rexedor.
- Tema

O salón de plenos da Casa do concello acolleu esta tarde unha sesión extraordinaria na que o ata agora edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, foi proclamado novo alcalde de Lugo en substitución da falecida Paula Alvarellos. Previamente o avogado Waldir Sinisterra tomou posesión como novo concelleiro. O novo rexedor sinalou durante o seu discurso de investidura que “como alcalde progresista manteño a firme convicción de defender o interese xeral sempre dende os dereitos e a xustiza social, dende a aposta polo público e, sobre todo, dende a escoita activa e directa da sociedade lucense. E niso porei todo o meu empeño”.
“O reto que hoxe asumo pasa por consolidar a idea de que Lugo continúe converténdose nun lugar de oportunidades. A meta pola que traballarei con toda a forza, ilusión e entusiasmo persegue construír un municipio que siga gañando poboación, que siga gañando en calidade de vida e que consolide á nosa cidade como o referente económico, patrimonial e cultural que a nosa provincia necesita”, afirmou Fernández.
“O futuro de Lugo pasa por dispoñer dun espazo urbano moderno, sostible, ecolóxico e acolledor que achegue calidade de vida e facilite a socialización, por un rural competitivo e innovador e por unha economía dinámica e en continuo crecemento que permita xerar emprego e gañar población”, proseguíu o alcalde.
Antes de rematar, Fernández destacou a importancia do tecido asociativo da cidade e da participación cidadá. “Hoxe quero deixar claro a todas e todos os lucenses, a todas as entidades, asociacións e colectivos que esta tarde están representados neste salón de Plenos, o meu compromiso firme de traballar sempre polo ben da cidade, pola súa prosperidade e progreso; facendo meus aqueles proxectos que temos encamiñados e escoitando as demandas da cidadanía para iniciar aqueles outros que a misma nos demande”, apuntou.
Audios
- Miguel Fernández, elixido novo alcalde de Lugo I | Descargar mp3
- Miguel Fernández, elixido novo alcalde de Lugo II | Descargar mp3
- Miguel Fernández, elixido novo alcalde de Lugo III | Descargar mp3



