Miguel Fernández asiste a un simulacro de evacuación nas instalacións de Aspnais xunto ao presidente da entidade, José Reigosa

O Goberno local colabora de forma habitual co tecido social da cidade para reforzar a prevención e garantir contornas seguras para todas as persoas.

“É fundamental que as entidades sociais conten con protocolos actualizados e co respaldo dos servizos de emerxencia para garantir unha resposta eficaz ante calquera incidencia”, subliñou o alcalde de Lugo.

Xoves, 12 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández asiste a un simulacro de evacuación nas instalacións de Aspnais xunto ao presidente da entidade, José Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participou esta mañá nun simulacro de evacuación nas instalacións de Aspnais, xunto ao presidente da entidade, José Reigosa. O exercicio forma parte dos procedementos habituais que desenvolve a asociación para revisar as súas medidas de seguridade e mellorar a resposta ante situacións de risco.

O operativo estivo composto por dous vehículos, unha dotación de cinco bombeiros e un mando do Parque de Bombeiros de Lugo. Durante a intervención simulouse a evacuación das persoas usuarias e do persoal, co obxectivo de avaliar o tempo de reacción, a coordinación interna e a eficacia dos protocolos.

Miguel Fernández puxo en valor “a implicación de entidades como Aspnais na protección das persoas usuarias” e destacou “a excelente disposición dos Bombeiros de Lugo para colaborar en accións que melloran a seguridade de toda a comunidade”.

Multimedia

  • Miguel Fernández asiste a un simulacro de evacuación nas instalacións de Aspnais xunto ao presidente da entidade, José Reigosa

Noticias relacionadas