Luns, 15 de agosto de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

Membros da Corporación Municipal asistiron este luns á misa con motivo da tradicional ofrenda floral do Concello á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes, nun acto que tivo lugar ás 12:00 horas na Catedral. Previamente, desprazáronse en comitiva, dende a Casa Consistorial.
A tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos foi a encargada de entregar o centro de flores ao Bispo, símbolo da ofrenda á patroa, na propia capela, que constitúe un dos exemplares máis vistosos do barroco peninsular.