Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Membros da Corporación asistiron á ofrenda floral á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes

Membros da Corporación asistiron á ofrenda floral á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Información turística
Luns, 15 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Membros da Corporación asistiron á ofrenda floral á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes

Membros da Corporación Municipal asistiron este luns á misa con motivo da tradicional ofrenda floral do Concello á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes, nun acto que tivo lugar ás 12:00 horas na Catedral. Previamente, desprazáronse en comitiva, dende a Casa Consistorial.

A tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos foi a encargada de entregar o centro de flores ao Bispo, símbolo da ofrenda á patroa, na propia capela, que constitúe un dos exemplares máis vistosos do barroco peninsular.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/membros-da-corporacion-asistiron-ofrenda-floral-patroa-da-cidade-virxe-dos-ollos-grandes