Medio cento de lucenses súmanse á cata histórica e á andaina nocturna para conmemorar os 16 anos da Muralla como Patrimonio Mundial

Carmen Basadre participou nestas actividades enmarcadas na programación do Concello para celebrar o aniversario desta declaración que tivo lugar o 30 de novembro do 2000

Xoves, 24 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio cento de lucenses súmanse á cata histórica e á andaina nocturna para conmemorar os 16 anos da Muralla como Patrimonio Mundial

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves no Salón de Plenos a cata histórica, A Muralla, algo máis que un símbolo. 1477 abrazando Lugo. O Doutor en Historia Antiga e Arqueoloxía, Javier Gómez, foi o encargado de realizar dita cata histórica, á que asistiron medio cento de persoas. Posteriormente, desenvolveuse unha andaina nocturna por este Ben Mundial.

Na presentación, Basadre destacou que “dende esta declaración, produciuse un considerable aumento no número de turistas que visitan tanto a Muralla como Lugo, que ademais é unha cidade que ten a enorme riqueza de contar con tres Patrimonios da Humanidade”.

Estas actividades enmárcanse dentro do programa organizado polo Concello para conmemorar o XVI Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, declaración que tivo lugar o 30 de novembro do ano 2000.

Multimedia

  • Medio cento de lucenses súmanse á cata histórica e á andaina nocturna para conmemorar os 16 anos da Muralla como Patrimonio Mundial

Noticias relacionadas