Maite Ferreiro: “traballaremos para que Lugo sexa capital estatal da gastronomía”

A edil de Cultura destacou a importancia do evento no eido da promoción turística e lamentou a postura do Partido Popular, que evitou o consenso

“Traballaremos da man coas representantes do sector da hostalería para artellar unha candidatura a este recoñecemento”, explicou a Maite Ferreiro

Xoves, 25 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro: “traballaremos para que Lugo sexa capital estatal da gastronomía”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no pleno municipal de hoxe o apoio do goberno municipal á iniciativa para que Lugo opte a ser capital estatal da gastronomía. Maite Ferreiro afirmou que sería un logro importante que Lugo se convertise na capital estatal da gastronomía debido á “gran promoción da cidade, que tería un gran efecto nos moitos sectores que teñen relación coa hostalería na cidade”.

 “Dende a área de Cultura e Turismo contamos xa con experiencia previa na solicitude deste recoñecemento, que volveremos a iniciar de cara ao ano 2022”, explicou Maite Ferreiro. A mecánica do expediente a presentar ante o estamento que dictamina cal vai ser a capital gastronómica xa é coñecida polo departamento de Turismo, e a súa actvación farase da man do sector da  hostalería e das outras administracións, coas que Maite Ferreiro xa iniciou contactos.

Maite Ferreiro destacou “o impulso ao patrimonio cultural e medioambiental de Lugo” que suporía a esta proclamación, e destacou que “de cara a formar unha candidatura, desde o goberno municipal buscaremos colaborar co sector da hostalería, o resto das administracións e os colectivos locais”.

A edil responsábel de Turismo lamentou “a postura do Partido Popular, que evitou con fins partidistas chegar ao consenso de toda a corporación no pleno municipal de cara a iniciar o estudo para organizar a presentación desta candidatura”.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a capital estatal da gastronomía | Descargar  mp3

Noticias relacionadas