“As obras recibidas demostran que Lugo ten unha grande potencia artística”, afirmou Maite Ferreiro
A edil de Cultura informou dos concertos que terán lugar nos recintos de Agro do Rolo e no Castiñeiro

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán deste ano. O xurado, formado por Esther Muñoz Mena, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Iago Eireos Franco, artista lucense licenciado en Belas Artes e Iván Mouronte Barreiro ilustrador e deseñador gráfico, escolleron a obra de Codés Lillo Irimia entre as 57 concursantes pola súa calidade no deseño. Maite Ferreiro agradeceu “a todas as participantes no concurso a súa implicación” e afirmou que “das obras recibidas tanto neste concurso como no resto de certames que organizamos durante todo o ano podemos afirmar que Lugo ten unha grande potencia artística”.
A edil de Cultura presentou a imaxe da semana cultural xunto con representantes dos grupos de Lugo, “os protagonistas desta programación especial”, segundo afirmou Maite Ferreiro
Concertos Agro do Rolo e Castiñeiro
Domingo 4
- 19:00 – Agro do Rolo – Espazo Hip Hop
- 21:00 – Castiñeiro – Zeltia
Luns 5
- 13:00 – Agro do Rolo - Untides
- 13:00 – Castiñeiro – Forget La France
- 21:00 – Agro do Rolo – Verbena Galega D’antes
- 21:00 – Castiñeiro – Zeltia
Martes 6
- 21:00 – Agro do Rolo – Infrarroja
- 21:00 – Castiñeiro – Galyrion
Mércores 7
- 21:00 – Agro do Rolo – Volta do Agro
- 21:00 – Castiñeiro – Branca Villares e Pablo Pintor
Xoves 8
- 21:00 – Agro do Rolo – El Nahual
- 21:00 – Castiñeiro – Conducto Coloquio
Venres 9
- 21:00 – Agro do Rolo – Tito Ramírez
- 21:00 – Castiñeiro – IV Concurso Miss Deusa
Sábado 10
- 13:00 – Castiñeiro – Caivanca
- 21:00 – Agro do Rolo – Sanfroidance
- 21:00 – Castiñeiro – Tito Ramírez
Domingo 11
- 13:00 – Agro do Rolo – Minton’s Jazz
- 13:00 – Castiñeiro – Mesa para Dous
- 21:00 – Agro Do Rolo – Moura
- 21:00 – Castiñeiro – Caamaño e Ameixeiras
Luns 12
- 13:00 – Agro do Rolo – Sound Sisters
- 13:00 – Castiñeiro – Via Per Loka
- 21:00 – Agro do Rolo – A Banda da Loba
- 21:00 – Castiñeiro - Xoana
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o cartaz do San Froilán | Descargar mp3