Maite Ferreiro participa na inauguración da Feira do 48, organizada por Cántigas e Frores

A feira celébrase esta fin de semana na Canella do Hospital

Sábado, 04 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro participa na inauguración da Feira do 48, organizada por Cántigas e Frores

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, participou esta mañá na inauguración da A Feira do 48 que por cuarto ano consecutivo organiza a Asociación Cultural "Cántigas e Frores". Nesta ocasión, debido ás medidas adoptadas pola crise da COVID-19, celebrarase de novo na Canella do Hospital durante o sábado 4 e domingo 5 de setembro. Nesta ocasión o pregón correu a cargo de Isidoro Rodríguez.

Este sábado poderá desfrutarse do concerto do Cuarteto Tradicional de Gaitas a partir das 12:48, e pola tarde contarase coa actuación da Murga de Cántigas e Frores ás 18:48, ademais dos concertos de Caamaño&Ameixeiras ás 19:48 e do Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores ás 20:48.

A xornada do Domingo comezará ás 11:48 co pasarrúas do Cuarteto Tradicional de Cántigas e Frores ás 11:48, seguido do Concerto da Banda de Gaitas e Percusión de Cántigas e Frores ás 12:48. O programa para a tarde inclúe tres actividades: o Grupo de Baile de Cántigas e Frores ás 18:48 concerto de Caldo ás 19:48 e o peche co Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores ás 20:48.

Para asistir aos concertos e controlar a cabida será obrigatorio reservar asento previamente enviando un correo electrónico a cantigasefrores1948@gmail.com

Multimedia

  • Maite Ferreiro participa na inauguración da Feira do 48, organizada por Cántigas e Frores

Noticias relacionadas