A mostra poderá visitarse durante o verán.
Baixo o título "descubrindo os recunchos de Lugo", Oniel Rodríguez amosa 23 obras realziadas con acuarela e pintura con café.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro inaugurou no Vello Cárcere a exposición "descubrindo os recunchos de Lugo", do pintor cubano Oniel Rodríguez. A mostra conta con 23 obras realizadas baixo as técnicas de acuarela sobre papel e café sobre papel, e amosa diferentes puntos da cidade baixo a vista deste veciño de Lugo.
Oniel Rodríguez comezou este traballo trala súa chegada a Lugo, hai aproximadamente 2 anos, e a súa obra busca resaltar, mediante a pintura, os recunchos máis destacados da súa cidade.
A exposición poderá visitarse ata finais de agosto nos horarios habituais do Vello Cárcere. "Esta é unhaoportunidade única para achegarse, a través da pintura, a distintos puntos da cidade a través da pintura de Oniel" afirmou Maite Ferreiro.



