Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitan o mural realizado en San Roque xunto con integrantes da Asociación Galega da Enfermidade de Dent

O Concello de Lugo colaborou coa iniciativa Art For Dent, promovida pola asociación.

Maite Ferreiro: “colaboramos cunha iniciativa solidadria que nos permite ao mesmo tempo continuar a mellorar os espazos urbanos con arte”.

Martes, 31 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitan o mural realizado en San Roque xunto con integrantes da Asociación Galega da Enfermidade de Dent

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e integrantes da Asociación Galega da Enfermidade de Dent visitaron o mural realizado na rúa San Roque pola Asociación Galega da Enfermidade de Dent, dentro da iniciativa ARt For Dent. Maite Ferreiro agradeceu ás promotoras da iniciativa que escolleran Lugo como ubicación para un mural, e afirmou que “ao mesmo tempo que colaboramos cunha iniciativa solidaria, continuamos a mellorar os espazos urbanos con arte”.

A Asociación Galega da Enfermidade de Dent foi creada por 4 familias galegas, de Lugo, Muros, Brión e Pontevedra afectadas por esta enfermidade. O proxecto Art For Dent naceu a comezos do ano 2020, e pretende abrir unha nova vía de colaboración e financiación desde Galiza para investigar a enfermidade de Dent, ademais de darlle visibilidade a esta enfermidade rara.

A enfermidade de Dent é unha enfermidade rara de orixe xenética. Afecta ao túbulo renal, producindo distintas complicacións que poden chegar a afectar aos osos, podendo chegar a producir raquitismo entre outras enfermidades.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre o mural realizado en San Roque | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitan o mural realizado en San Roque xunto con integrantes da Asociación Galega da Enfermidade de Dent

Noticias relacionadas