A Tenencia de Alcaldía inicia as actividades o 5 de decembro co acendido das luces, a cargo de Isidoro Rodríguez
“14 actividades darán forma á programación de Nadal”, sinalou Maite Ferreiro

As celebracións comezarán o venres 5 de decembro ás 18:30 horas na praza Maior co acendido do alumeado de Nadal, este ano a cargo de Isidoro Rodríguez, presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, profesor da Escola de Enfermaría de Lugo e recoñecido folklorista e presidente do Colectivo María Castaña.
Explica Maite Ferreiro que “un dos piares da programación será o ciclo Corais polo recinto histórico, que se desenvolverá do 15 de decembro ao 4 de xaneiro, convertendo as rúas do casco vello nun espazo musical vivo”. Máis dunha ducia de agrupacións, entre elas Cantar Delas, Coral Polifónica Xolda, Schola Gregoriana, Coral Lucus Terra, Cantigas e Frores, Orfeón Lucense e moitas máis, ofrecerán actuacións itinerantes en distintos puntos emblemáticos como Santo Domingo, Rúa da Raíña, Quiroga Ballesteros, Praza Maior ou San Marcos.
“As corais realizarán pases de 20 a 25 minutos en distintos espazos, contribuíndo a dinamizar as compras de Nadal e a crear un ambiente festivo no recinto amurallado”, insiste a concelleira.
Programación familiar no Auditorio Municipal Gustavo Freire
O Auditorio Municipal Gustavo Freire volverá ser este Nadal un dos grandes epicentros culturais da cidade cunha programación especialmente dirixida ao público infantil e ás familias. Entre o 26 e o 30 de decembro, o espazo acollerá unha nova edición do ciclo IV Medrando no Nadal, “unha proposta consolidada que combina espectáculos teatrais pensados para a primeira infancia con actividades de carácter lúdico”, indica Maite Ferreiro.
As entradas para cada función terán un prezo simbólico de 3 euros e o público poderá escoller entre dous pases diarios, ás 17:00 e ás 18:30 horas, cun aforo de 80 persoas por pase. Tanto os menores como as persoas adultas deberán retirar entrada para acceder ao auditorio. Ademais, con calquera das entradas será posible desfrutar previamente de “Un Mar de Xogos”, unha instalación lúdica creada por Bico de Toupa que permanecerá aberta no propio auditorio entre as 16:00 e as 18:30 horas.
Pensando nas familias que desexen participar en varias propostas, a área de Cultura ofrecerá un bono para cinco funcións por 10 euros, dispoñible do 15 ao 20 de decembro. A partir do día 21 iniciará a venda das entradas individuais.
Con esta programación, insiste Maite Ferreiro, “o Auditorio Municipal Gustavo Freire reafírmase como un espazo de referencia para a creación escénica destinada á infancia, ofrecendo propostas coidadas, accesibles e pensadas para fortalecer o goce cultural en familia durante as celebracións de Nadal”.
ACTIVIDADES DE ANINOVO
O domingo 4 de xaneiro ás 20:30 horas, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá o tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Banda Filharmónica de Lugo que, segundo a concelleira de Cultura, “é unha das citas máis esperadas destas datas pola súa combinación de repertorio festivo, música sinfónica e participación cidadá”.
O ciclo festivo culminará o 5 de xaneiro de 2026 coa tradicional Cabalgata de Reis, que iniciará o seu percorrido ás 18:00 horas no Parque da Milagrosa e chegará á Casa do Concello ás 19:30 horas. A comitiva, formada polas súas Maxestades, carrozas temáticas e animación de rúa, percorrerá as vías principais da cidade, converténdose un ano máis nun dos eventos máis multitudinarios e queridos polas familias lucenses.
PROGRAMACIÓN COMPLETA DE NADAL 2025-2026
05 de decembro de 2025 ás 18:30, praza Maior
Acendido do alumeado de Nadal a cargo de Isidoro Rodríguez, Presidente da Academia de Enfermaría de Galiza e profesor da Escola de Enfermaría de Lugo, ademáis de afamado folklorista e presidente do Colectivo María Castaña
14 de decembro de 2025 ás 16:30 Soto da Praza de Abastos
Torneo de Xadrez de Nadal
15 e 16 de decembro de 2025 ás 12:00, Auditorio Fuxan os Ventos:
Actuacións teatrais “CACHOPO MÁXICO. Luz de Nadal” de Lila Teatro, para público escolar e abertas ao público xeral
Duración: 55 Min.
Sinopse:
Nunha pequena porción de terra no cumio dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, ademais de estar perdido entre as brétemas do esquezemento, pódese divisar unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de votar fume pola súa torta cheminea. Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Isto quere dicir que coma eles non hai outros. Son a familia Palpatore.
Non se sabe moi ben de onde veñen, nin tampouco se sabe onde queren chegar.
Os Palpatore son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí, coma todas as familias. Tamén, coma todas as familias, gardan grandes segredos. Ó achegarse o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso durante todo un mes e non están afeitos a tanto rebulir. Eles son os mellores coñecedores de toda a maxia que acontece en estas datas de culto e celebración.
15 de decembro de 2025 a 4 de xaneiro de 2026
Corais polo recinto histórico:
- Luns 15 de decembro: Cantar Delas 18:00 – 19:30 (3 pases de 25 min en San Pedro con Rúa do Progreso, Rúa da Raíña e Fondo da Praza Maior) e Coral Polifónica Xolda 18:00 – 19:30 (3 pases de 25 min en San Marcos, Praza de Santo Domingo e San Pedro con Rúa Progreso)
- Xoves 18 de decembro: Schola Gregoriana 18:00 – 19:30 (3 pases de 25 min en Armañá con Conde Pallares, Fondo da Praza Maior e Bispo Aguirre), Coro do Hospital de Lugo 18:00 – 19:30 (4 pases de 20 min en Praza do Ferrol, San Marcos, Santo Domingo e Rúa da Raíña) e Xove Coro de Lugo 18:00 – 19:30 (4 pases de 20 min en Rúa Menorca, Praza da Milagrosa, Rúa Divina Pastora e Praza da Milagrosa)
- Luns 22 de decembro: Cantar Delas 18:00 – 19:30 (3 pases de 25 min en Praza do Ferrol, Rúa San Marcos e Praza de Santo Domingo), Coral Polifónica Xolda 18:00 – 19:30 (3 pases de 25 min en Rúa Menorca, Praza da Milagrosa e Rúa Divina Pastora), Coral Ecos do Miño (ASTELU) 17:00 – 18:30 (4 pases de 20 min en Bispo Aguirre, Fondo da Praza Maior, Rúa da Raíña e San Pedro con Rúa do Progreso) e Orfeón Xoán Montes 18:30 – 20:00 (4 pases de 20 min en San Pedro con Rúa do Progreso, Rúa da Raíña, Fondo da Praza Maior e Bispo Aguirre)
20 de decembro ás 17:00 no Mercado Municipal
Benvida ao apalpador
26, 27, 28, 29 e 30 de decembro ás 17:00 e ás 18:30 no Auditorio Municipal Gustavo Freire
IV Medrando no Nadal + entre as 16.00 e as 18.30 “Un Mar de Xogos (Instalación lúdica)” de Bico de Toupa:
- 26 de decembro ás 17:00 e ás 18.30.
“O Ninho” da Cia Particulas elementares.
Recomendada a partir de 3 anos
Duración: 35 minutos
Sinopse:
«Era una vez un niñito. Un niñito con un huevo. Un huevo muy redondito, que tiene dentro un pajarito Nuevo» (Secreto – Miguel Torga). O ninho inspírase nun dos poemas máis sinxelos do escritor portugués Miguel Torga, que nunhas poucas líñas desvela cómo un segredo ben gardado pode fortalecer unha amizade verdadeira. O ninho é un convite a valorar as cousas sinxelas da vida, esas que non son complexas de entender e deben conservarse como as máis importantes.
- 27 de decembro ás 17:00 e ás 18.30.
“Un trozo de pan” de Cía. Les Pinyes.
Recomendada a partir de 3 anos
Duración: 40 minutos
Sinopse:
Teño fame! Qué xantamos hoxe? Pensástedes algunha vez de onde ven o pan que temos na mesa? Cómo se cociñou? De onde veñen os ingredientes? Seguiremos a viaxe que fai un pan, un sinxelo pan. Pouco a pouco descubriremos as respostas en forma de canción, de debuxos, de títeres e de maxia. Un trozo de pan é unha experiencia visual, sensitiva e divertida para o público máis pequeno. Mans á masa!
- 28 de decembro ás 17:00 e ás 18.30.
“Comenoites” de Náufragos Teatro.
Recomendada a partir de 2 anos
Duración: 35 minutos
Sinopse:
Comenoites é unha bonita historia coa que os nenos e as nenas descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.
Comenoites é un trasgo regordete que come todo tipo de noites para que o Sol poida saír cada día, traendo luz, calor e cor para todos. Unha noite a súa amiga a Lúa coméntalle que se está a poñer gordinflón e Comenoites deixa de comer. Nunca volverá a saír o Sol! Tan só unha estrela pode abrirlle novamente o apetito. Ti tes unha estrela? Volverá saír o Sol?
- 29 de decembro ás 17:00 e ás 18.30.
“Emociones de hojalata” de Mar Rojo Teatro.
Recomendada entre os 12 meses e 6 anos
Duración: 40 minutos
Sinopse:
Inma e Emma construiron un amigo á súa medida: o robot “Hojalata”. Todo está listo para a súa presentación, pero falta por poñer a peza máis importante, o corazón. “Hojalata” actívase, e coa emoción sofre un cortocircuito. O diagnóstico é claro: o seu corazón non funciona, porque ten as emocións feitas un lío! Inma e Emma porán orde nas súas emocións para que o pequeno corazón de “Hojalata” comece a latexar con normalidade, e conseguir por fin ter ao seu lado a un novo amigo.
- 30 de decembro ás 17:00 e ás 18.30.
“Lumiero” de La menuda.
Recomendada entre os 0 e 5 anos
Duración: 40 minutos
Sinopse:
La Menuda estrea un novo espectáculo coa luz coma protagonista. Da man do colecionista de luz Lumiero (o paiaso Pere Hosta) e a súa filla Lumina (a bailarina e actriz Jana Noguera), o público descubrirá a maxia da penumbra e o fascinante universo de historias que se agochan nela. En Lumiero, a compañía incorpora o teatro xestual á poesía visual, a danza e a música en directo que configuran a súa esencia, cercana e sensible para achegarse á primeira infancia con delicadeza.
16 de decembro ao 4 de xaneiro
O Vello Cárcere:
- 16 de decembro de 17:30–18:30 h • Biblioteca
Pequeviñetistas: “Ao rescate do Nadal”
(Creación de bandas deseñadas)
- 17 de decembro de17:30–18:30 h • Biblioteca / Espazo Didáctico
A toda cor: “A fábrica de postais”
(Creación de postais de Nadal)
- 18 de decembro de 17:30–18:30 h • Biblioteca
Minirrelatos: “A pantasma do Nadal”
(Creación dun pequeno relato inspirado en Dickens)
- 20 de decembro de 11:00–12:30 h • Espazo de Lecer
Contacontos miúdos: “Enredo no Nadal”
(Lectura e lámina para pintar)
12:30–14:00 h • Espazo de Lecer
* 2ª quenda “Enredo no Nadal”
- 21 de decembro de 11:00–12:30 h • Espazo de Lecer
Cousiñas xeitosas: Nadal!
(Manualidades de Nadal)
- 23 de decembro de 17:30–18:30 h • Biblioteca
Pequeviñetistas: “Trasnadas”
(Creación de bandas deseñadas)
- 27 de decembro de 11:00–12:30 h • Espazo de Lecer
Contacontos miúdos: “O Apalpador”
12:30–14:00 h • Espazo de Lecer
* 2ª quenda “O Apalpador”
- 28 de decembro de 11:00–12:30 h • Espazo de Lecer
Cousiñas xeitosas: Nadal!
(Manualidades de Nadal)
- 30 de decembro de 17:30–18:30 h • Biblioteca
Pequeviñetistas: “O Nadal máis raro do multiverso”
(Creación de bandas deseñadas)
- 3 de xaneiro de 11:00–12:30 h • Espazo de Lecer
Contacontos miúdos: “Un extraño regalo”
12:30–14:00 h • Espazo de Lecer
* 2ª quenda “Un extraño regalo”
- 4 de xaneiro de 11:00–12:30 h • Espazo de Lecer
Cousiñas xeitosas: Nadal!
(Manualidades de Nadal)
4 de xaneiro do 2026 de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 no Recinto Histórico
Rancho e Ranchiño Xeitoso
4 de xaneiro do 2026 ás 20:30 no Auditorio Fuxan os Ventos
Concerto de aninovo pola Banda Filharmónica.
5 de xaneiro do 2026, con saída ás 18:00 do Parque da Milagrosa e chegada ás 19:30 á Casa do Concello
Cabalgata de reis.
- Maite Ferreiro, sobre o Nadal 2025 | Descargar mp3

