Maite Ferreiro anuncia a María Rodés para o San Froilán 2024

O concerto terá lugar o martes 8 de outubro a partir das 21 horas na praza de Santa María

Ferreiro: "Lugo é unha das paradas da xira do 10º aniversario do seu disco canta copla"

 
Martes, 27 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto da edición 2024 do San Froilán a cargo da cantante María Rodés, dentro da xira do 10º aniversario do seu disco "Canta copla". Rodés continúa a dar variedade a un programa da gran festa do outono galego "cunha gran programación musical para todo tipo de públicos". Rodés únese a Fillas de Cassandra (4 de outubro, 22:00, Horta do Seminario), La Perra Blanco (4 de outubro, 23:00, Santa María), Dollar Selmouni (5 de outubro, 22:00, Horta do Seminario), Club del Río (7 de outubro, 21:00, Santa María) e Triángulo de Amor Bizarro (10 de outubro, 23:00, Santa María) como primeiras confirmacións do cartel da gran festa do outono galego para este ano.

María Rodés canta copla, martes 08 de outubro ás 21:00 na praza de Santa María.

Compositora e cantante, esta artista versátil colaborou con moitos dos grupos de referencia de la escena musical do estado.

Maria Rodés, co seu timbre de voz suave e doce, e un estilo que mistura a canción de autor coa experimentación a nivel compositivo e sonoro leva máis dunha década sobre os escenarios. Compartiu Oniric con Andy Poole con quén publicou o seu primeiro disco Sin Técnica (Cydonia, 2009). O seu primeiro disco en solitario foi Una forma de hablar (Bcore, 2010). Estudiou un postgrado en Arte sonoro organizado pola Universidade de Barcelona que lle permitiu descubrir novas perspectivas sonoras. Influenciada por estes estudos, confeccionou Sueño Triangular (BCore, 2012), autoproducido coa axuda da guitarrista Maru di Pace e o artista sonoro Lluís Surós. Colaborou con distintos artistas como Raúl Fernández (Refree), Coque Malla, Espaldamaceta ou Anímic e participou en diversos proxectos musicais como compositora e intérprete. O álbum Convergència i Unió (Bcore, 2013) é froito da súa unión con Ramón Rodríguez (The new Raemon) e Martí Sales (Els surfing Sirles). No ano 2014 publicou María canta copla (BCore), disco no que experimentaba como arranxista e cantante reinterpretando dun xeito moi persoal coplas clásicas.

É este, María Rodés canta copla, co que ven a Lugo neste San Froilán, un dos proxectos que lle leva a expandir o alcance da súa obra notablemente, adaptando ao seu peculiar estilo algunhas das cancións máis famosas do folklore popular do estado español do século xx como a copla e o cuplé como “Tatuaje” (coa participación de Albert Plá), El día que nací yo, Tres puñales ou Agua que no has de beber son algunhas das obras ás que María rinde unha homenaxe que foi recibido con grandes eloxios. Foi publicado en México no 2017 nunha edición especial incluindo a rancheira Que te vaya bonito. A artista presentouno en directo en México e Colombia, entrando alí en contacto con recoñecidas artistas coma Julieta Venegas ou Carla Morrison. O destacado músico estadounidense David Byrne descubriu este disco e programou unha actuación de María no recoñecido festival Meltdown de Londres no 2015. Posteriormente, Byrne continuou mostrando o seu apoio e admiración pola artista catalá, invitándoa a abrir a súa actuación en Madrid no 2018, e incluindo tres cancións de María na playlist que publica mensualmente e que seguen miles de ouvintes. Nesta playlist, Maria aparece acompañada de outras tres artistas do estado español como son Rosalía, Estrella Morente e Mala Rodríguez.

Colaborou como cantante nos discos e actuaciones en directo de outros proxectos musicais como Nacho Vegas, Refree, Anímic, Jorge Drexler, Espaldamaceta, Coque Malla ou José Domingo. Tamén participou como compositora nas homenaxes Ojos de mil años a Miguel Hernández e Cançons de la veritat oculta a Pere Calders.

10º aniversario de María Rodés canta copla.

Este 2024 cúmplense dez anos da saída de "María canta copla" (Chesapik, 2014).

Por aquél entonces María Rodés, levaba xa algún tempo coa idea de gravar un disco de versións de cancións que se fixeran populares grazas ao cinema, coma o caso de “Moon River”, composta expresamente por Henry Mancini para Audrey Hepburn.

Quería facer un pequeno tributo a esas cantantes e actrices que a inspiraran tanto de pequena. Un día  ocurriúselle trasladar a idea ao cinema español e así foi como topou coa copla, ata entón case descoñecida para ela. A raíz desa primeira toma de contacto sumerxíuse no xénero. Temas como “El día que nací yo”, “Tengo miedo” ou “Marinero de la Barca” inspirárona tanto que decidiu adoptalas, facelas súas, mirándoas sen prexuizos e levándoas ao seu terreno.

Audio

Noticias relacionadas