Maite Ferreiro acompaña ao escritor Agustín Agra na presentación de O libro das contrarias, obra gañadora do Premio Ánxel Fole

Xoves, 15 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro acompaña ao escritor Agustín Agra na presentación de O libro das contrarias, obra gañadora do Premio Ánxel Fole

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañou esta tarde ao escritor Agustín Agra na presentación de 'O libro das contrarias', obra gañadora do Certame Ánxel Fole do Concello de Lugo. O acto, celebrado ás 19:30 horas, contou tamén coa participación do escritor Xerardo Quintía e formou parte da programación da Feira do Libro de Lugo.

Durante a presentación, Ferreiro puxo en valor o compromiso do Concello co fomento da creación literaria e o recoñecemento ao talento galego: “O Premio Ánxel Fole é unha mostra do apoio decidido do Concello de Lugo á narrativa en galego. Apostamos por crear espazos de visibilidade para autoras e autores do país e por promover o hábito lector entre todas as idades”.

A concelleira destacou tamén a calidade da obra de Agustín Agra, que foi recoñecida por un xurado profesional pola súa orixinalidade e riqueza expresiva: “O libro das contrarias conecta cunha tradición literaria propia e ao tempo arrisca cunha proposta nova, polo que é un exemplo do dinamismo e da vitalidade da nosa literatura”.

Ferreiro concluíu subliñando que “actos coma este consolidan a Feira do Libro como un encontro imprescindible entre a cidadanía e o mundo da cultura, e unha ferramenta fundamental para seguir fortalecendo o sector editorial galego”.

Multimedia

  • Maite Ferreiro acompaña ao escritor Agustín Agra na presentación de O libro das contrarias, obra gañadora do Premio Ánxel Fole

Noticias relacionadas