Máis de 200 persoas viaxaron á praia este verán grazas ás excursións do Concello

Lara Méndez e Ana Abelleira despediron ás e aos participantes da cuarta e última viaxe subvencionada pola entidade local, que ao longo da xornada de hoxe visitarán os areais de Foz

Xoves, 23 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 200 persoas viaxaron á praia este verán grazas ás excursións do Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, despediron este xoves ás persoas asistentes á cuarta e última excursión organizada e subvenciona polo Concello á praia. Na xornada de hoxe, o medio cento de participantes, aos que Méndez e Abelleira lles desexaron unha boa e proveitosa xornada, achegaranse aos areais de Foz, facendo unha parada en Mondoñedo.

En total, nestas excursións postas en marcha un verán máis polo Goberno de Lugo, para que as persoas que non tiveran a oportunidade de achegarse á praia poideran faclo de xeito máis económico; participaron máis de 200 persoas de distintas idades, así como familias con nenos e nenas. As viaxes levaron á veciñanza a Cedeira, Pontedeume e Ribadeo, con sendas paradas nas Pontes, Betanzos e na Pontenova.

Multimedia

  • Máis de 200 persoas viaxaron á praia este verán grazas ás excursións do Concello

Noticias relacionadas