Lugo10 presenta o programa de actividades "Maiores Dez"

Venres, 29 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As distintas actividades, entrevistas, concursos de preguntas, de fotografía ou pintura, serán grabadas pola Fundación TIC para a elaboración dun documental

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe “Maiores Dez”, unha actividade incluida na marca Lugo10, que pretende conmemorar o Décimo Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial, e que está financiado polo Ministerio de Cultura.

Esta é a segunda parte dun programa que pretende achegar a Muralla Romana aos cidadáns, e que durante o verán, xa desenrolou múltiples actividades cos máis cativos.
Agora é o turno das persoas máis maiores, en total, e segundo sinalou a Concelleira de Muller e Benestar Social, “serán unhas 100 persoas das zonas dos centros do Maruja Mallo, Trapero Pardo e Fingoi, e se divividirán en 4 grupos”.

Durante os meses de novembro e decembro, os participantes farán visitas guiadas ao Centro de Interpretación e a propia Muralla Romana. Os máis maiores compartirán as súas vivenzas e lembranzas en torno ao monumento romano. Unhas actividades, dirixidas aos máis maiores, que pretenden combatir a pérdida de memoria, potenciando recordos vividos no pasado.

Ademáis, haberá concursos, según sinalou Carmen Basadre, “participarán nun concurso de preguntas sobre a Muralla, ademáis dun certamen de pintura e fotografía, tamén en torno ao monumento”. Os traballos gañadores serán expostos na páxina web do Concello e de Lugo10, así como nos propios Centros de Convivencia.

O final do proxecto será un documental realizado pola Fundación TIC, que grabará entrevistas feitas entre os propios participantes, impresións, así como as diversas actividades realizadas no taller.

www.lugo10.es

 

Multimedia

Noticias relacionadas