Lugo xa respira paixón polo mellor pádel do mundo

A Muralla acollía esta mañá a presentación oficial do oitavo open do Wolrd Pádel Tour, na que estivo presente Lara Méndez, Darío Campos, Miguel Fernández, Pablo Rivera e Luis Torres, xunto a tres padriños de luxo: as xogadoras Vanesa Alonso e Isabel Domínguez, e a lenda deste deporte, Juan Martín

Martes, 04 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo xa respira paixón polo mellor pádel do mundo

O circuíto World Pádel Tour aterrizou en Lugo para a posta de largo do Lugo Open 2018. O décimo torneo da tempada non puido contar con mellor escenario para a súa presentación que a Muralla, que esta mañá acollía a presentación oficial desta etapa galega do circuíto. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto ao director nacional desta proba, Luis Torres, foron os encargados de facer a presentación, con tres padriños ideais para tal ocasión; a mellor xogadora lucense do circuíto, Vanesa Alonso, a súa compañeira, a ourensana Isabel Domínguez, e unha lenda deste deporte, que leva Galicia e Lugo no seu ADN, Juan Martín.

Deste xeito, o oitavo open do curso daba o seu pistoletazo de saída a unha etapa que terá a súa pista central no Pazo Universitario dos Deportes, e que converterá a Lugo dende hoxe e ata o domingo no epicentro do pádel mundial.

"Lugo volve a facer historia no deporte", asegurou a Alcaldesa na presentación desta cita, que ademais da transcendencia deportiva, pois reúne ás mellores palas de todo o mundo, unhas 140 parellas; vai a supoñer un gran retorno económico, estimado nun millón de euros, ademais da difusión mediática: máis de 7600 entradas vendidas, retransmisión dos partidos en Gol TV e en streaming, con 2 millóns de visualizacións eno 2017, entre outros. Ademais, este evento constitúe un paso máis no obxetivo do Goberno de Lugo de situar a Lugo no mapa nacional e internacional do deporte, como fórmula para potenciar o municipio, tras ser sede da Volta Ciclista a España, acoller a Copa Princesa de Voleibol e Baloncesto, os Xogos do Eixo Atlántico ou campionatos de natacións sincronizada. Para rematar, a rexedora animou ás persoas afeccionadas do padel, que cada vez ten máis adeptos, a gozar con este espectáculo e de Lugo.

Pola súa banda, Darío Campo subliñou que "para a Deputación de Lugo é un auténtico privilexio colaborar na organización desta cita, que situará a nosa provincia no mapa mundial do deporte. Así, abrimos as portas do Pazo dos Deportes para dar cabida a este evento, no que se darán cita as parellas mellor clasificadas en categorías masculina e feminina a nivel internacional. Quero lembrar que o Executivo fixo que a Deputación sexa a admistración galega que máis inviste en deporte na provincia de Lugo, e facémolo dentro da nosa aposta por un estilo de vida saudable e polo fomento de eventos que logran reunir a un elevado volume de público, xerando riqueza no noso territorio".

Noticias relacionadas