Lugo súmase á campaña Recicla Vidro por Elas para recadar fondos contra o cancro de mama

Ecovidrio terá dous contedores rosas na Praza Maior ata finais da vindeira semana no marco desta iniciativa, que doará un euro por cada quilo de envases de vidro depositados á fundación de Sandra Ibarra, Solidaridad Frente al Cáncer

Sábado, 21 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo súmase á campaña Recicla Vidro por Elas  para recadar fondos contra o cancro de mama

O Concello de Lugo sumouse á campaña Recicla Vidro por Elas, promovida por Ecovidro con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama co dobre obxectivo de fomentar a reciclaxe deste tipo de residuos e contribuír ao mesmo tempo á recadación de fondos para a loita contra esta doenza. Por cada quilo de envases de vidro que depositen os lucenses nos contedores rosa que estarán instalados ata finais da vindeira semana na Praza Maior, fronte ao Concello, doarase un euro á fundación de Sandra Ibarra, Solidaridad Frente al Cáncer. A Alcaldesa, Lara Méndez, expresou o seu apoio a esta campaña de concienciación e recadación ao xerente de Ecovidrio en Galicia e Asturias, Germán Fernández, que estivo na cidade para darlle visibilidade á iniciativa.

Noticias relacionadas