Lugo súmase á campaña de concienciación En la carretera, cerveza SIN

Manuel Núñez recibiu ás persoas responsables desta iniciativa, que ten como obxectivo impulsar a alternativa da cervexa sen alcohol no caso de ter que conducir, opción pola que apostan máis do 37% das persoas que van conducir durante traxectos curtos, e un 39% dos que o fan en longas viaxes

Luns, 10 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo súmase á campaña de concienciación En la carretera, cerveza SIN

O Concelleiro de Educación e Infraestructuras Urbanas, Manuel Núñez, recibiu este luns a Cristina de Aguirre e Ramón Pradera, responsable de asuntos sociais de Cerveceros de España e embaixador da campaña “En carretera Cerveza SIN”, que tenta concienciar á poboación que alcohol e conducción son incompatibles, e que recalou esta mañá en Lugo.

O acto tivo lugar na sala de usos múltiples do edificio de Novas Tecnoloxías do Concello, onde o edil, acompañado por outras autoridades, saudaron aos seis integrantes da expedición que percorrerá preto de 5000 kilómetros para visibilizar esta campaña en todo o territorio nacional. O percorrido comezou o luns pasado en Madrid, tendo previsto rematar en Zaragoza a finais deste mes.

Manuel Núñez convidou ás persoas que forman parte desta campaña a coñecer Lugo, ás súas xentes e a súa gastronomía, lembrando que "de ter que conducir, compartan eses momentos diante dunha cervexa sen alcohol".

Esta campaña, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico e outras 15 institucións en materia de seguridade, ten como obxectivo impulsar a alternativa da cervexa sen alcohol no caso de ter que conducir, opción pola que apostan máis do 37% das persoas que van conducir durante traxectos curtos, e un 39% dos que o fan en longas viaxes.

Feita a presentación, as autoridades e os moteiros da iniciativa brindaron, con cervexa sen alcohol, por esta campaña.

Noticias relacionadas