Lugo repite este venres xornada de comercio na rúa

Ana Prieto, Sonsoles López, José María Seijas e Marta López presentaron a décimo terceira edición do Street Market, que se celebrará das 10:30 ás 21:00 horas en 90 establecementos dunhas 20 rúas e prazas da cidade

A cooperación e a estreita colaboración entre o Concello, a Deputación, a Federación de Comercio e a Asociación de Autónomas fan posible este tipo de iniciativas que benefician ao comercio local de Lugo

Mércores, 12 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo repite este venres xornada de comercio na rúa

A Concelleira a, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, e a presidenta a Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, anunciaron este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, unha nova edición do Street Market, concretamente a décimo terceira, que se celebrará este venres en 90 establecementos comerciais de todos os sectores, que sacarán as súas mercadorías á rúa, e que se poderán atopar nunhas 20 rúas e prazas da cidade.

"En Lugo, o pequeno comercio fixo esforzos importantes para dar satisfacción ás necesidades das e dos lucenses, ademais de fomentar a creación de emprego e autoemprego. E por estes motivos, dende o Goberno de Lugo volvemos, unha vez máis, a apoiar esta iniciativa do colectivo de autónomas para axudar ao pequeno comercio, porque merece a pena comprar en Lugo", subliñou Ana Prieto durante a presentación. Así mesmo tamén subliñou o papel das autónomas e da súa tarefa, non sempre doada, de poñerse ao fronte dun negocio e mantelo durante anos; e trasladoulle o agradecemento de Lugo, pois os seus comercios enchen as rúas de moda, de vida e de luz.

Nesta liña insistiu Sonsoles López, que puxo en valor o traballo do colectivo organizador e do comercio lugués. Seijas tamén se sumou a estas felicitacións, cos desexos de que se repitan os éxitos das edicións pasadas.

Marta López, quen agradeceu a colaboración da entidade local e provincial, así como do colectivo do comercio, deu a coñecer que nesta xornada comercial haberá roupa de muller e de home, nenas e nenos, de deporte; calzado infantil e de adulto, lencería, bisutería, xoiería, peletería e roupa do fogar son algúns dos artigos que se poderán este venres nas rúas, con descontos de ata o 80%, en horario ininterrompido, de 10:30 a 21:00 horas.

A cooperación e a estreita colaboración entre o Concello, a Deputación de Lugo, que colabora a través da Fundación TIC, a Federación de Comercio e a Asociación de Autónomas, fan posible este tipo de iniciativas que benefician ao comercio local de Lugo.

Audio

  • Ana Prieto, sobre a xornada de comercio na rúa | Descargar mp3

Noticias relacionadas