Carmen Basadre asistiu este mércores no instituto Sanxillao ao menú degustación do chef Javier Cabrera, unha actividade enmarcada nas xornadas de Ciencia e Cociña, coas que colabora o Concello

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu este mércores no instituto Sanxillao ao menú degustación do chef Javier Cabrera, unha actividade enmarcada dentro das xornadas de Ciencia e Cociñas, coas que colabora o Concello.
Cabrera tamén participará o xoves nestas xornadas, nas que, xunto con Juan Carlos Arboleya, dará a súa opinión sobre se a cociña debe entenderse como unha actividade científica ou artística. A relación da literatura coa gastronomía en Galicia capitalizará a intervención do xornalista Miguel Vila. As xornadas rematarán o 4 de marzo cunha sesión guiada por David López Rubiño sobre creatividade na gastronomía e diálogos gastrocientíficos.