Domingo, 09 de outubro de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e membros da Corporación asistiron ao desfile dunha trintena de traxes tradicionais, tanto de garda, como de ir á feira e de cotío diante da Casa Consistorial.
Tras o desfile, membros da Corporación, ataviados coa vestimenta tradicional, veciños e visitantes trasladáronse ao Parque de Rosalía de Castro, onde tivo lugar a ofrenda floral á escritora que lle dá nome. A oferente a Rosalía de Castro, este ano foi a poeta lucense, que foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía no 2020, Olga Novo.
A súa obra está ligada ao medio rural e á súa aldea, Vilarmao, na Pobra do Brollón, onde veu ao mundo en 1975. Poeta, ensaísta e doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago.