Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo homenaxea no Domingo das Mozas ao traxe tradicional e a Rosalía de Castro

Lugo homenaxea no Domingo das Mozas ao traxe tradicional e a Rosalía de Castro

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural
Domingo, 09 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo homenaxea no Domingo das Mozas ao traxe tradicional e a Rosalía de Castro

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e membros da Corporación asistiron ao desfile dunha trintena de traxes tradicionais, tanto de garda, como de ir á feira e de cotío diante da Casa Consistorial.

Tras o desfile, membros da Corporación, ataviados coa vestimenta tradicional, veciños e visitantes trasladáronse ao Parque de Rosalía de Castro, onde tivo lugar a ofrenda floral á escritora que lle dá nome. A  oferente a Rosalía de Castro, este ano foi a poeta lucense, que foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía no 2020, Olga Novo.

A súa obra está ligada ao medio rural e á súa aldea, Vilarmao, na Pobra do Brollón, onde veu ao mundo en 1975. Poeta, ensaísta e doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo-homenaxea-no-domingo-das-mozas-ao-traxe-tradicional-e-rosalia-de-castro