Lugo explora novas solucións para compatibilizar a mobilidade sostible coa actividade comercial nas ZBE

O acto de peche do proxecto europeo SOCILIBRE reuniu no CEI-Nodus a representantes de España e Portugal e incluíu unha mostra de vehículos preparados para o reparto en zonas de baixas emisións

Venres, 26 de xuño de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo explora novas solucións para compatibilizar a mobilidade sostible coa actividade comercial nas ZBE

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou no acto de peche do proxecto europeo SOCILIBRE (Sociedade Inclusiva e Logística Sustentable en Lugo e Braga), unha iniciativa de cooperación transfronteiriza que permitiu compartir experiencias e coñecer solucións innovadoras para avanzar cara a unha mobilidade urbana máis sostible.

O proxecto nos deixa sobre a mesa tres documentos técnicos: 

  • Un estudo de viabilidade para o desenvolvemento dun modelo de reparto de última milla, 
  • Unha análise de boas prácticas europeas en loxística urbana de baixas e cero emisións e 
  • Un modelo de gobernanza

A alcaldesa matizou que “estes traballos constitúen unha valiosa base de coñecemento para afrontar os retos asociados á implantación das ZBE e para redefinir solucións que permitan compatibilizar os obxectivos ambientais co desenvolvemento económico e coa vida diaria da nosa cidadanía”.

Durante a presentación do acto a alcaldesa reafirmou o compromiso do actual goberno municipal cun modelo de cidade sostible que cumpra cos obxectivos ambientais marcados pola Unión Europea, pero que tamén teña en conta as necesidades da cidadanía, do comercio, da hostalaría e dos sectores produtivos. Elena Candia insistiu en que hai que atopar solucións equilibradas e adaptadas á realidade de Lugo.

A través do programa SOCILIBRE tamén se favoreceu a inclusión social e laboral de colectivos en situación de vulnerabilidade, especialmente persoas refuxiadas e inmigrantes, mediante accións formativas desenvolvidas coa participación de Cruz Vermella Lugo e Cruz Vermella Portuguesa.

A xornada, que se celebrou nos xardíns do CEI-Nodus, incluíu unha exposición de vehículos preparados para realizar o reparto urbano en zonas de baixas emisións, amosando alternativas que permiten compatibilizar a actividade económica cos obxectivos de sustentabilidade

SOCILIBRE é un proxecto financiado polo Programa de Cooperación INTERREG VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que recibiu unha achega de máis de 317.000 euros sobre un investimento total superior aos 422.000 euros.

Multimedia

  • Lugo explora novas solucións para compatibilizar a mobilidade sostible coa actividade comercial nas ZBE

Noticias relacionadas