Lugo cítase por terceiro ano coa feira Ágora Verde, de produtos ecolóxicos

Lara Méndez, Sonsoles López e Francisco López inauguraron a feira, que estará ata xoves no fondo da Praza Maior, en horario de 11:00 a 22:00 horas

Martes, 04 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo cítase por terceiro ano coa feira Ágora Verde, de produtos ecolóxicos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, e o presidente do  Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López, inauguraron este martes a feira de produtos ecolóxicos que se celebra dende hoxe e ata este xoves, 6 de setembro, no fondo da Praza Maior. Baixo o nome deÁgora Verde, esta cita serve para dar a coñecer a produtos de produción ecolóxica, ao tempo que se busca informar das propiedades e beneficios para a saúde do seu consumo. Aproximar a produtores e consumidores é outro dos obxetivos desta feira, que ten un horario de 11:00 a 22:00 horas.

Concello e Deputación impulsan esta iniciativa, que tamén contempla xogos, obradoiros infantís e degustacións, entre outros. Na feira, composta de 10 stands, pódese atopar dende marmeladas a galletas, pasando por patés e hortalizas.

Multimedia

  • Lugo cítase por terceiro ano coa feira Ágora Verde, de produtos ecolóxicos

Noticias relacionadas