Lugo celebra o Día Internacional do Guía de Turismo

Xoves, 21 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra o Día Internacional do Guía de Turismo

A capital lucense acolleu este xoves a conmemoración do Día Internacional do Guía de Turismo, motivo polo que a Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia (APIT) organizou visitas guiadas gratuítas pola cidade con carácter solidario, pois tras elas pediuse un donativo integramente destinado á xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro (AECC). A Alcaldesa, Lara Méndez, saudou na Praza Maior aos guías que realizaron unha visita pola mañá e aos propios participantes, onde destacou o importante papel e responsabilidade que teñen estes profesionais na imaxe que se levan os visitantes de Lugo.

Noticias relacionadas