Venres, 24 de xaneiro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa, Lara Méndez, representaba esta mañá en Fitur ao Concello de Lugo durante a presentación institucional da Semana Santa.
Da celebración local, considerada de Interese Turístico Galego, a rexedora destaca o importante traballo realizado polas confrarías da cidade, impulsoras da súa candidatura e da obtención do recoñecemento, enxalzando a súa valía como recurso local que, ano tas ano consolida o seu atractivo e fai incrementar o número de visitantes á cidade.