Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez representa ao Concello de Lugo en Fitur durante a presentación institucional da Semana Santa

Lara Méndez representa ao Concello de Lugo en Fitur durante a presentación institucional da Semana Santa

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Venres, 24 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez representa ao Concello de Lugo en Fitur durante a presentación institucional da Semana Santa

A alcaldesa, Lara Méndez, representaba esta mañá en Fitur ao Concello de Lugo durante a presentación institucional da Semana Santa.

Da celebración local, considerada de Interese Turístico Galego, a rexedora destaca o importante traballo realizado polas confrarías da cidade, impulsoras da súa candidatura e da obtención do recoñecemento, enxalzando a súa valía como recurso local que, ano tas ano consolida o seu atractivo e fai incrementar o número de visitantes á cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-representa-ao-concello-de-lugo-en-fitur-durante-presentacion-institucional-da