Lara Méndez: “A recuperación económica de Lugo virá da man da sostibilidade acorde co modelo de cidade no que estamos a traballar”

A alcaldesa de Lugo, presentou os proxectos que se están desenvolvendo de cara a acadar un tecido urbán máis resiliente na loita contra o cambio climático así como na diversificación industrial.

A rexedora destacou a necesidade de seguir avanzando en actuacións nos barrios para unha nova sostibilidade e puxo en valor a iniciativa do primeiro barrio ecoloxico de España.

Mércores, 08 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “A recuperación económica de Lugo virá da man da sostibilidade acorde co modelo de cidade no que estamos a traballar”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá no Senado as liñas do modelo de cidade na xornada ‘As urbes españolas ante o reto da neutralidade climática’, xornada onde se intercambiaron iniciativas, dificultades, experiencias e vantaxes das novas visións sobre as infraestructuras verdes. Lugo, foi unha das 12 cidades elexidas para participar nesta reflexión sobre o futuro verde das cidades.

“Lugo leva sete anos traballando na transformación sostible da cidade, a través dun urbanismo integrador que persegue a neutralidade climática para afrontar con maior fortaleza os retos do cambio climático, com iniciativas pioneiras en Europa,  e intentando concienciar da necesidade de crear novos hábitos de vida saudables e potenciar as relacións interxeracionais”, sostivo a rexedora que engadiu que a esta transformación súmase agora o impulso da economia local a través da diversificación empresarial e industrial para atraer investimentos de alto valor social, innovador e ambiental.

A mesa na que participou a rexedora lucense estivo moderada por Ione Belarra, Ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 de España e participaron o alcalde de Vitoria-Gasteiz, Gorka Urtaran; o alcalde de Cáceres, Luis Salaya e Milagros Tolón, vicepresidenta da FEMP.

A rexedora destacou a necesidade de seguir avanzando en actuacións nos barrios para unha nova sostibilidade, con accións como se están executando para recuperar espazos públicos para a cidadania, tales como peonalizacións de calzadas, espazos verdes, carris bicis, etc. e destacou tamén a importancia de crear novos barrios desde cero neste caso destacando o Barrio Multiecolóxico. O primeiro edificio deste barrio é o Impulso Verde “o primeiro edificio público construído con madeira de Galicia que implicará un aforro de consumo enerxético dun 74 % respecto a edificios de oficinas xa existentes, e dun 54 % respecto aos de nova construción que no tocante ao CO2, emitirá un 90 % menos que os edificios de formigón e aceiro e, ademais, absorberá 280 toneladas de emisións” apuntaba Méndez.

Respecto á recuperación económica a rexedora explicou que “desde o Concello nos ocupamos das accións extraordinarias derivadas da pandemia, situación que puxo de relevo a importancia da cooperación local para facer fronte a desafíos mundiais tales como a recuperación económica, e así naceu a estratexia Lugo Transforma, un fondo municipal de 12 millóns de euros, para atraer investimentos de alto valor social, innovador e ambiental, ca finalidade de impulsar a diversificación económica da cidade e a creación de postos de traballo que permitan á cidadania elexir Lugo como cidade para realizar o seu proxecto de vida”. Nesta mesma liña destacou a creación dunha Mesa para a Diversificación Industrial de Lugo, como reforzo da estratexia sendo “unha iniciativa ca que queremos desenvolver un espazo de diálogo e de acordo onde o Goberno local e os principais axentes económicos, institucionais, políticos e sociais da cidade deseñemos e impulsemos medidas conxuntas para asentar as bases da futura industrialización de Lugo”.

Para finalizar a rexedora destou a importancia dos novos fondos europeos que van a permitir que Lugo siga a dar pasos pasos importantes nesta transformación.

 Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre "As urbes españolas ante o reto da neutralidade climática" | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez: “A recuperación económica de Lugo virá da man da sostibilidade acorde co modelo de cidade no que estamos a traballar”
  • Lara Méndez: “A recuperación económica de Lugo virá da man da sostibilidade acorde co modelo de cidade no que estamos a traballar”

Noticias relacionadas