Lara Méndez recibiu á xunta directiva de Mujeres en el Sector Público

Venres, 28 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibiu á xunta directiva de Mujeres en el Sector Público

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá no Concello a Ana Ramos, integrante da Xunta directiva da Delegación Territorial de Galicia de ‘Mujeres en el Sector Público’, ao encontro uniuse de forma virtual a presidenta, Concepción Campos; e Patricia Iglesias, membro da  Xunta directiva da Delegación de Galicia.

O encontro, que serviu a Ramos para presentar a Asociación de recente creación á rexedora, foi unha primeira toma de contacto onde conversaron da necesidade de traballar para poñer en valor o traballo que as mulleres realizamos no sector público teña a visibilidade e o recoñecemento que se merece.

“Foi, sen dúbida, unha reunión moi frutífera, na que tivemos a oportunidade abordar as preocupacións profesionais das mulleres cara a visibilizar o traballo que levamos a cabo nas diferentes administracións, pero que todavía quedan pasos que dar cara a unha igualdade real no sector público”, sinalou Lara Méndez que recibiu un agasallo por parte de Ramos na visita.

Multimedia

  • Lara Méndez recibiu á xunta directiva de Mujeres en el Sector Público

Noticias relacionadas