Lara Méndez proponlle ao novo delegado da Xunta en Lugo manter reunións periódicas para realizar un seguimento dos temas de cidade

A alcaldesa ínstalle a abrir unha canle de comunicación permanente “porque a cidadanía esixe, máis que nunca, que as administracións camiñen da man na mesma dirección”

A rexedora tende a man “unha vez máis, para poder pechar os temas pendentes co Goberno galego xa que Lugo necesita seguir avanzando”

Mércores, 30 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez proponlle ao novo delegado da Xunta en Lugo manter reunións periódicas para realizar un seguimento dos temas de cidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibíu hoxe na Casa Consistorial ao novo delegado da Xunta, Javier Arias, a quen lle reiterou a noraboa polo seu cargo, benvida e bos desexos que xa lle fixera chegar con anterioridade.

A rexedora comentou que espera que con este cambio ao fronte da delegación da Xunta se abra unha nova etapa nas relacións entre ambas as dúas administracións. “Desde o Concello entendemos que se debe manter o respecto institucional en todo momento e por iso, téndolle a man a Javier Ares, como fixen sempre co Goberno galego, para que podamos traballar conxuntamente xa que temos pendente moitos temas, que son necesarios axilizar”. “

Neste senso, Lara Méndez propúxolle ao novo delegado manter reunións periódicas para realizar un seguimento dos temas de cidade, “de xeito que podamos manter unha canle aberta de xeito permanente”. “Máis que nunca, nesta situación crítica de crise social e económica, a cidadanía esixe que as administracións camiñen da man na mesma dirección”, incidiu.

Neste primeiro contacto, comentáronse os temas pendentes en Lugo como o Plan Paradai ou Rolda Este, entre outros, e a alcaldesa avanzoulla tamén en que momento se atopa a apertura do novo Auditorio xa que o Concello traballa para súa posta a punto, o que suporá un investimento por parte do Concello de 300.000 euros.

A alcaldesa e o delegado da Xunta quedaron en seguir profundizando nos temas pendentes.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibe a Javier Arias | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez proponlle ao novo delegado da Xunta en Lugo manter reunións periódicas para realizar un seguimento dos temas de cidade

Noticias relacionadas