Lara Méndez participa na clausura das XXXIV Xornadas Penitenciarias

O Concello colabora coa Asociación Penitenciaria Concepción Arenal nestas xornadas, que este ano na súa 34ª edición abordaron a reforma do Código Penal

As XXXIV Xornadas Penitenciarias nesta ocasión levaronse a cabo telemáticamente e tiveron lugar os días 9 e 10 de novembro

Mércores, 11 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa na clausura das XXXIV Xornadas Penitenciarias

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, clausurou este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, unha nova edición das Xornadas Penitenciairas Lucenses, organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal coa colaboración do Concello, que este ano na súa 34 edición se centrou no douscentos aniversario do nacemento de Concepción Arenal

No acto, a rexedora destacou que Concepción Arenal “dedicou toda a súa vida á defensa da muller, a reforma penal e empeñouse na defensa dos máis necesitados e en mellorar á sociedade, denunciando a situación nos cárceres de homes e de mulleres, a miseria nas casas de saúde, o desarraigamento da mendicidade e a infra condición da muller no século  XIX”.

A Alcaldesa fixo fincapé que o “seu papel en prol da emancipación da muller en España é incuestionable e hoxe todas as persoas que defendemos os valores feministas somos herdeiras da súa loita.”, subliñou a rexedora.

Lara Méndez agradeceu á Asociación Concepción Arenal a aposta que ano tras ano realiza este colectivo por afondar en temas que versan sobre a loita pola igualdade de oportunidades e dereitos.

Noticias relacionadas