Lara Méndez impulsa os mercados de verán San Pedrín e A Milagrosiña co fin de dinamizar o comercio e os barrios

Participarán preto de 200 locais das rúas San Pedro e Campo Castelo, no casco vello, e da zona de A Milagrosa, que estarán identificados e venderán con descontos en xullo e agosto

A alcaldesa sostén que “o obxectivo é axudar a reactivar a economía do sector xa que o comercio é o sustento de moitas familias, e darlle vida a Lugo nesta crise pola COVD 19”

Os mércores celebrarase o San Pedrín e os venres A Milagrosiña, iniciativas que se incentivarán con música e outras actividades culturais e actividades para nenos e nenas

Luns, 13 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez impulsa os mercados de verán San Pedrín e  A Milagrosiña co fin de dinamizar o comercio e os barrios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe a posta marcha de dous mercadillos de rúa este verán, o San Pedrín e A Milagrosiña, iniciativa coa que o Concello, a través da Área de Desenvolvemeto Local e Emprego, quere incentivar a compra no comercio local durante os meses de xullo e agosto e dinamizar os barrios a través dunha programación que ven acompañada de actividades na rúa, sorteos e propostas lúdicas para todas as idades.

A rexedora avanzou que o Mercadillo de San Pedrín, que se enmarca na rúa San Pedro e Campo Castelo, celebrarse todos os mércores a partir do vindeiro día 15 desta semana, e A Milagrosiña, que se organizará na Milagrosa, todos os venres desde o día 17 . No primeiro mercado participan 26 locais, aínda que se poden ir sumando máis, e no segundo, un total de 150.

As tendas estarán decoradas e identificadas, e as locais de moda sacarán os seus produtos as rúas. En todos os casos, as vendas serán con descontos.

Lara Méndez presentou esta nova iniciativa acompañada do edil de Desenvolvemento Local e Sostible, Mauricio Repetto, do presidente da Federación do Comercio, José María Seijas, e cos comerciantes do casco histórico e A Milagrosa. “No concello estamos a traballar para seguir dando pasos para dinamizar o comercio, actividade que é o sustento de miles de familias en Lugo, e tamén para encher de vida dos zonas emblemáticas da cidade”, apuntou Lara Méndez. 

Con este fin, o Concello programou cos comerciantes actividades musicais, desfiles de moda, sorteos e outras actividades lúdicas para todas as idades, sempre co compromiso de que se garden as medidas de protección da saúde, aspecto desde o que se incide especialmente desde a Administración Local. “Acabamos de entregar os diplomas de formación de ‘Lugo Seguro’, no que participaron 200 negocios, e debemos de equilibrar a dinamización económica, promovendo tamén a confianza e a seguridade da cidadanía, sendo todos responsables”, destacou Lara Méndez.

Seijas, o presidente da Federación, agradeceu esta nova iniciativa e a colaboración do Concello, e fixo especial fincapé “en que todos os comercios estamos respectando as medidas de protección e temos que darlle un impulso a economía, moi deteriorada a causa desta pandemia”.

Pola súa parte, o edil Mauricio Repetto sinalou que “a crise provocada pola COVID-19 require dun periodo de adaptación ao novo escenario social e, para iso, é necesario que dende o Concello promovamos iniciativas  que axuden a darlle vida ao noso comercio local.

Programación de actividades no Mercadillo San Pedrín

As actividades previstas faranse todos os mércores correspondentes dende o 15 de xullo ao 26 de agosto ambos os incluídos:

  • 15 xullo: Grupo de música en directo e sorteo de agasallos, de 17.30 a 20.00 horas
  • 22 xullo: Charanga, de 17.30 a 20.00
  • 29 xullo: Dúo musical en directo: Covers 80 y 90´s, de 17.30 a 20.00 horas
  • 5 Agosto: “A Sorte está no Aire’, carpa ao longo do día cunha zona de sorteo. As persoas que se achegue con tickets de comprar nas tendas participantes, terá dereito a explotar un globo que contén premio seguro. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas
  • 12 Agosto: Música da Cuniquer Band, de 17.30 a 20.00 horas
  • 19 Agosto: DJ Black Panda, de 17.30 a 20.00 Horas
  • 26 Agosto; Ruleta da Sorte: instalarase de novo a carpa ao longo do día con zona de sorteo. Todo o mundo que se achegue con tickets de comprar nas tendas participantes terá dereito a virar a ruleta que contén premio seguro. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Programación de actividades no Mercadillo A Milagrosiña

  • 17 xullo: Taller de Grafiti. A rte urbana e os trampantojos máis orixinais e divertidos. Participa e deixa unha sinal pintando en diferentes zonas do barrio. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas
  • 24 xullo: Spiribol- Summer-Play. Presentarase a actividade “100% Diversión”… reflexos, precisión, axilidade, velocidade, potencia, reacción, intelixencia, resistencia; un novo concepto de entretemento. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas
  • 31 xullo: Actuacións e exhibicións de baile. Varios pases que non deixarán a ninguén indiferente pola súa posta en escena e vistosidade. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas
  • 07 agosto: Actuación de Pablo Balseiro. Unha tarde na que A Milagrosa fará honra ao seu nome e producirase o milagre da festa e a diversión. A partir das 19:30 h
  • 14 agosto: Ginkana do Comercio local: actividade interactiva e aventureira para coñecer os diferentes recunchos do barrio e os seus establecementos. De 10:00 a 13:30 h. e de 17:30 a 20:30 h
  • 21 agosto: Actuación musical. A partir das 19:00 horas
  • 22 agosto: Desfile de moda “A Milagrosiña 2020”. A partir das 19:30 horas
  • 28 Agosto: Festa da Familia, con familia xogos xigantes e a final do concurso de DJ. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas

Todos os días

  • Sorteo de Agasallos: Con cada tícket das túas compras superiores a 20€, poderase participar no sorteo de múltiples agasallos durante toda a campaña
  • Este mercadillo contará cunha, mascota que se poderá fotografíar a xente e gañar o premio á foto máis votada nas RRSS da Milagrosiña

Audio

  • A alcadelsa de Lugo, Lara Méndez, sobre os Mercados San Pedrín e a Milagrosiña | Descargar mp3
  • O edil de Desenvolvemeto Local e Emprego, Mauricio Repetto, sobre os Mercados San Pedrín e a Milagrosiña| Descargar mp3
  • O presidente da Federación, Jose María Seijas, sobre os Mercados San Pedrín e a Milagrosiña | Descargar mp3

 

 

 

Noticias relacionadas