Lara Méndez fixo entrega dun pase especial que permitirá que os Reis Magos poidan chegar a tódalas casas de Lugo pese as restriccións impostas pola Covid

Martes, 29 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez fixo entrega dun pase especial que permitirá que os Reis Magos poidan chegar a tódalas casas de Lugo pese as restriccións impostas pola Covid

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía esta maña no Salón de Plenos a María, José Manuel, Ana, Lucia e súa nai Maria José, para facer entrega dun permiso especial para que os Reis Magos de Oriente poidan chegar a tódalas casas de Lugo pese as restriccións con motivo da pandemia.

María e José Manuel, estaban preocupados polos efectos do coronavirus e preguntábanse como poderían facer entrega dos agasallos os Reis Magos estas Navidades. Un quebradeiro de cabeza que dende hoxe xa ten solución a través dun pase especial que recolleron os paxes reais no Salón de Plenos do Concello.

Por este motivo, a alcaldesa de Lugo preparou “unha autorización que outorgamos ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que soamente se utiliza en situacións excepcionais", explicaba rexedora ao tempo que, axudada por Maria facía entrega do mesmo aos paxes.

"Este permiso permite a Melchor, Gaspar e Baltasar, aos seus paxes e á Corte Real, poder ir a tódalas casas de Lugo pese as limitacións horarias na noite do 5 de xaneiro de 2021 e así poder levar os agasallos a todos os nenos e nenas de Lugo como recompensa ao seu exemplar comportamento durante o ano 2020" explicou a alcaldesa.

Noticias relacionadas