Lara Méndez felicita ao Colexio de Graduados Sociais de Lugo polo alto nivel das ponencias nas súas xornadas sobre a reforma laboral

A alcaldesa de Lugo destaca o papel que está a xogar o colexio no asesoramento socio laboral aos colectivos vulnerables.

Venres, 07 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez felicita ao Colexio de Graduados Sociais de Lugo polo alto nivel das ponencias nas súas xornadas sobre a reforma laboral

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez inaugurou hoxe a IV Xornada Iuslaboralista de Lugo, un encontro organizado polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo e a Fundación Xustiza Social, aos que felicitou “por recuperar este foro de formación, reflexión e debate, que este ano se centra nun tema de enorme interese: a reforma laboral”.

Destacou igualmente o altísimo nivel dos poñentes que abordaron temas como os novos contratos laborais e a negociación colectiva.

A rexedora aproveitou o encontro para poñer en valor “o gran papel que está a desenvolver o colexio lucense en canto a ‘xustiza social’, lembrando o traballo que realizan de asesoramento de balde en temas socio laborais aos lucenses en situación de vulnerabilidade, traballo que realizan desde o 2019 tras pechar un acordo que propiciamos coa Deputación”.

Méndez apuntou o enorme interese despertado pola xornada sobre a reforma laboral, destinadas a coñecer máis a fondo os novos aspectos desta reforma, pero os contidos desta xornada son especialmente atractivos porque “nos afecta á totalidade da poboación e aos nosos dereitos laborais, e polo tanto, a toda sociedade porque falamos tanto de protexer postos de traballo como de dinamización económica”.

No acto de inauguración tamén participaron Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo; Ricardo Gabaldón Gabaldón, Presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais, Germán Barreiro González, Catedrático Emérito e Colaborador Honorífico da Universidade de León e a Deputada Provincial, Pilar Garcia.

Noticias relacionadas