Lara Méndez destaca a importancia de fusionar sectores como a moda, arte e a gastronomía da nosa cidade

Venres, 22 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca a importancia de fusionar sectores como a moda, arte e a gastronomía da nosa cidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta tarde a MAG, un orixinal evento que a diseñadora de moda lucense Inés Penelas, xerente de Inpe, e a artista Ánxela Teixeiro inauguraban no día de hoxe. “É bo pensar que as cousas máis interesantes saen cando damos renda solta á nosa creatividade, simplemente polo gusto de facelo” explicaba Méndez, referíndose ao proxecto MAG.

“Moda e gastronomía fúndense nunha soa arte para extraer de cada unha das disciplinas a mellor das súas facetas” apuntaba a rexedora que, ademais de agradecer o convite, trasladou os seus parabéns á empresaria e a artista por “este novo nacemento, que, sen lugar a dúbidas, será un novo éxito” destacando tamén a importancia de compartir experiencias e fusionar sectores como a moda, arte e a gastronomía.

Durante o acto, ao que tamén asistiu a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana G. Abelleira, as persoas convidadas pintaron en directo 10 chaquetillas de chef, para 10 restaurantes de Lugo, cun deseño libre e exclusivo.

Multimedia

  • Lara Méndez destaca a importancia de fusionar sectores como a moda, arte e a gastronomía da nosa cidade

Noticias relacionadas