A rexedora lucense incidiu na importancia de impulsar o coñecemento da Gallaecia romana, “onde o futuro Museo da Romanización de Galicia pode constituírse nun eixo vertebrador”.

A alcaldesa de Lugo e vicepresidenta de Eixo Atlántico, Lara Méndez, defendeu hoxe a “necesidade de pór en valor o legado romano de Lugo conxuntamente co do resto de Galicia e Portugal e facelo desde a cooperación de administracións e institucións nun impulso compartido”.
Así o trasladou nunha reunión de traballo que se celebrou hoxe na Cidade da Cultura para avanzar nesta liña, na que estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o presidente do Eixo Atlántico e alcalde de Braga, Ricardo Río; o secretario da institución transfronteriza, Xoán Vázquez Mao; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os rexedores do Barco de Valdeorras, Alfredo García, e A Pobra de Trives, Patricia Domínguez.
Lara Méndez incidiu na importancia de impulsar o coñecemento e a protección da Gallaecia romana, “onde o futuro Museo da Romanización polo que apostamos, poder ser un eixo vertebrador, porque non será un museo só de Lugo senón de Galicia e o noroeste peninsular”.
Este encontro foi unha primeira toma de contacto para buscar fórmulas e liñas de traballo e trazar una folla de ruta, que comezaría coa creación dun mapa de recursos conxunto.
Tamén abordouse a importancia da Vía Nova como itinerario cultural, unha ruta histórica que unía en época romana as cidades de Braga e Astorga ao longo de mais de 300 km.