Xoves, 14 de outubro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A rexedora lucense, Lara Méndez, participou esta maña nos actos institucionais organizados para celebrar o Día da Subdelegación de Defensa, na Sede da Subdelegación de Defensa.
No acto procedeuse á lectura do decreto de creación da Subdelegación e á entrega de condecoracións sendo: a Placa da Orde de San Hermenegildo ao brigada do Exército do Aire Carlos Rodrigo Rodríguez Cabada, que impuxo a condecoración o coronel Antonio Bernal Martín; a Placa da Orde de San Hermenegildo ao subtenente do aire Jesús Longarela Sanfiz, condecorado pola alcaldesa de Lugo e a Cruz do mérito naval con distintivo branco para Enrique Rozas a cargo do capitán de navío Fernando Brinquis Crespo.