Mércores, 23 de setembro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores na campaña que organiza anualmente a Asociación Española Contra o Cancro de recadación de fondos, na que estivo presente a presidenta da AECC, María Luz Abella.
Durante o día de hoxe a Asociacion distribuirá máis dunha vintena de mesas en diferentes puntos da cidade de Lugo, na que máis de 200 voluntarios e voluntarias ofrecerán información e asesoramento a todas as persoas interesadas.