Lara Méndez clausura o programa de animación social en Bocamaos cunha alta participación nos centros de dinamización do rural

O programa de animación social ofreceu un amplo e variado programa que contemplou accións lúdicas pero tamén socieducativas e físicas.

Estas sesións tiveron como aliciente o poder relacionarse con outras persoas, contribuíndo así a evitar situacións de illamento e de soidade.

Mércores, 29 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez clausura o programa de animación social en Bocamaos cunha alta participación nos centros de dinamización do rural

O centro de dinamización de Bocamaos, acolleu esta tarde unha animada festa de clausura que puxo o broche de ouro ao programa de animación social 2021 – 2022, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Lara Méndez da que se beneficiaron durante este curso máis dun centenar de maiores do rural.

A alcaldesa de Lugo, que estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Olga López e o edil de Medio Rural, Miguel Fernández, destacou que “se trata dun programa municipal moi demandado, e tamén dos que nos producen moita satisfacción xa que redunda directamente na mellora da calidade de vida e na saúde dos nosos maiores”.

A rexedora quixo destacar que este programa “ofreceu aos nosos maiores ferramentas que lles permitiron levar a cabo actividades físicas destinadas ao seu benestar e aproveitando estes magníficos centros de dinamización”.

Desde o pasado mes de marzo, dous días á semana, as persoas participantes tiveron a oportunidade de asistir a clases guiadas de ximnasia, pintura ou ioga. E, non menos importante, “estas sesións tiveron como aliciente o poder relacionarse con outras persoas, contribuíndo así a evitar situacións de illamento e de soidade” sinalaba Racamonde. Por todo iso, tratouse dunha iniciativa que fomentou a convivencia e tamén hábitos saudables entre os seus numerosos beneficiarios e beneficiarias.

Tras esta clausura, o Consistorio ten previsto retomar esta iniciativa tras o período estival, poñendo así novamente ao dispor do colectivo os medios para que poidan realizar semanalmente, e guiados por profesionais, exercicio moderado, e artes plásticas.

Animación Socio Cultural:

A programación tratou de dar prioridade ao benestar social da cidadanía de tódalas idades, con residencia en calquera dos barrios da capital pero tamén en cada unha das 54 parroquias, facendo real a igualdade de oportunidades e dereitos, independentemente das posibilidades económicas ou do lugar de residencia, sen importar onde vivan nin a franxa de idade á que pertenzan.

Multimedia

  • Lara Méndez clausura o programa de animación social en Bocamaos cunha alta participación nos centros de dinamización do rural

Noticias relacionadas