Martes, 15 de marzo de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asiste ao acto final da campaña de micromecenado “Minerais contra o Cancro” no Auditorio da Facultade de Veterinaria.
O proxecto ‘Minerais contra o cancro’, ten como obxectivo investigar en profundidade o potencial labor que poden desenvolver os microminerales en pacientes oncolóxicos da provincia de Lugo. Grazas a este proxecto poderase valorar se o uso destes microminerales podería traballar como suplemento complementario da quimioterapia e radioterapia para, así, mellorar o prognóstico dos afectados pola enfermidade.