Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez asiste ao acto final da campaña de micromecenado “Minerais contra o Cancro”

Lara Méndez asiste ao acto final da campaña de micromecenado “Minerais contra o Cancro”

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 15 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste ao acto final da campaña de micromecenado “Minerais contra o Cancro”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asiste ao acto final da campaña de micromecenado “Minerais contra o Cancro” no Auditorio da Facultade de Veterinaria.

O proxecto ‘Minerais contra o cancro’, ten como obxectivo investigar en profundidade o potencial labor que poden desenvolver os  microminerales en pacientes oncolóxicos da provincia de Lugo. Grazas a este proxecto poderase valorar se o uso destes  microminerales podería traballar como suplemento complementario da quimioterapia e radioterapia para, así, mellorar o prognóstico dos afectados pola enfermidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-asiste-ao-acto-final-da-campana-de-micromecenado-minerais-contra-o-cancro