Lara Méndez agradece ao Ministro de Asuntos Exteriores que Lugo sexa cidade acolledora dunha reunión da presidencia da UE

José Manuel Albares tivo ocasión de percorrer coa alcaldesa lucense a exposición sobre o modelo de cidade e a Axenda Urbana 2030 instalada tras a Casa Consistorial.

Venres, 16 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez agradece ao Ministro de Asuntos Exteriores que Lugo sexa cidade acolledora dunha reunión da presidencia da UE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá na casa do Concello a José Manuel Albares, Ministro de Asuntos Exteriores, ao que lle agradeceu que elixira Lugo para acoller unha reunión da presidencia da Unión Europa, en canto España a asuma no 2023, no segundo semestre do vindeiro ano.  A rexedora quedou en manter o contacto para concretar a temática, “que seguro será unha das mellores para a cidade, unha cidade europeísta con proxectos á vangarda”. 

Durante a recepción, o Ministro de Asuntos Exteriores asinou no Libro de Honra do Concello e expresou o seu agradecemento pola acollida que tivo na cidade e por ser recibido na Casa Consistorial, destacando a beleza da arquitectura lucense, da muralla romana, cualificando de incrible o estado de conservación da mesma.

O ministro, tras asinar no Libro de Ouro da cidade, achegouse a coñecer a exposición sobre o modelo de cidade instalada detrás do Concello, aberta con motivo da preparación da Axenda Urbana de Lugo 2030, “na se pode entender mellor o modelo que deseñamos hai sete anos para o municipio e no que estamos a traballar, e que se enmarca plenamente no concepto de urbes sostibles que nos marcan agora as Axendas Españolas e Europea, polo que temos xa un gran camiño percorrido”.

A alcaldesa entregou a Albares, como agasallos institucionais e de recordo da estancia na cidade, dous libros, un sobre a Muralla de Lugo e ‘La Mosca Blanca’, obra de Julio Reboredo Pazos sobre o alcalde Ángel López Pérez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a recepción do Ministro Albares | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez agradece ao Ministro de Asuntos Exteriores que Lugo sexa cidade acolledora dunha reunión da presidencia da UE

Noticias relacionadas