Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez agradece ao Ministro de Asuntos Exteriores que Lugo sexa cidade acolledora dunha reunión da presidencia da UE

Lara Méndez agradece ao Ministro de Asuntos Exteriores que Lugo sexa cidade acolledora dunha reunión da presidencia da UE

José Manuel Albares tivo ocasión de percorrer coa alcaldesa lucense a exposición sobre o modelo de cidade e a Axenda Urbana 2030 instalada tras a Casa Consistorial.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Venres, 16 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez agradece ao Ministro de Asuntos Exteriores que Lugo sexa cidade acolledora dunha reunión da presidencia da UE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá na casa do Concello a José Manuel Albares, Ministro de Asuntos Exteriores, ao que lle agradeceu que elixira Lugo para acoller unha reunión da presidencia da Unión Europa, en canto España a asuma no 2023, no segundo semestre do vindeiro ano.  A rexedora quedou en manter o contacto para concretar a temática, “que seguro será unha das mellores para a cidade, unha cidade europeísta con proxectos á vangarda”. 

Durante a recepción, o Ministro de Asuntos Exteriores asinou no Libro de Honra do Concello e expresou o seu agradecemento pola acollida que tivo na cidade e por ser recibido na Casa Consistorial, destacando a beleza da arquitectura lucense, da muralla romana, cualificando de incrible o estado de conservación da mesma.

O ministro, tras asinar no Libro de Ouro da cidade, achegouse a coñecer a exposición sobre o modelo de cidade instalada detrás do Concello, aberta con motivo da preparación da Axenda Urbana de Lugo 2030, “na se pode entender mellor o modelo que deseñamos hai sete anos para o municipio e no que estamos a traballar, e que se enmarca plenamente no concepto de urbes sostibles que nos marcan agora as Axendas Españolas e Europea, polo que temos xa un gran camiño percorrido”.

A alcaldesa entregou a Albares, como agasallos institucionais e de recordo da estancia na cidade, dous libros, un sobre a Muralla de Lugo e ‘La Mosca Blanca’, obra de Julio Reboredo Pazos sobre o alcalde Ángel López Pérez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a recepción do Ministro Albares | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-agradece-ao-ministro-de-asuntos-exteriores-que-lugo-sexa-cidade-acolledora-dunha

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/160922_recepcion_ministro_albares.mp3