Jorge Prado: “Só un 1% dos circuitos de motocros do mundo son iguais ou mellores que o municipal de Lugo”

O deportista lucense puxo en valor a pista que leva o seu nome durante a recepción que lle ofreceu a Alcaldesa, Lara Méndez, esta tarde na Casa Consistorial.
 
A rexedora lle desexou unha experiência exitosa no seu paso polas instalacións municipais e convidouno a seguir soñando para acadar novas metas.

Venres, 24 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Jorge Prado: “Só un 1% dos circuitos de motocros do mundo son iguais ou mellores que o municipal de Lugo”

“Sendo sinceros, non hai moitas pistas do mundo que sexan como a de Lugo, só un 1% son iguais ou mellores que o noso circuíto”, sostivo Jorge Prado esta tarde durante a recepción que lle ofreceu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na Casa Consistorial. Recepción que será previa á participación do piloto lucense este fin de semana nas probas do Campionato de España, que será a segunda que se celebra tras a de Toledo.
 
Así, destacou non só a calidade das instalacións municipais, inauguradas no mes de outubro, senón a súa integración na paisaxe, “que as converten nun lugar único para prepararse para a proba de Patagonia”, segundo apuntou.  
 
A rexedora declarou sentirse “realmente orgullosa de recibir un lucense que está a loitar por seguir no máis alto do mundo do motocros e que xa acadou por méritos propios, grazas ao seu enorme tesón e afán de superación, ser un deportista de primeiro nivel e un ídolo para moitas”.

No encontro, a alcaldesa aproveitou para trasladar todo o recoñecemento e cariño de Lugo a Jorge Prado, e transmitiulle os desexos de éxito no circuíto que leva o seu nome. Neste sentido, a rexedora destacou que “fomos ambiciosos coa inauguración do circuíto, fomos a polo Campionato Nacional, e acadámolo. Hai que seguir soñando para cadar novas metas”.

Na recepción tamén estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto; José Manuel Ñúñez Torre, director xeral Torre de Nuñez, como patrocinador, e Martín Pérez Dorado, presidente de Motopark, concesionario do circuíto, así como varios membros da Corporación municipal.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a recepción a Jorge Prado no Concello | Descargar mp3

Multimedia

  • Jorge Prado: “Só un 1% dos circuitos de motocros do mundo son iguais ou mellores que o municipal de Lugo”

Noticias relacionadas