Homenaxe a Luis Pimentel no Vello Cárcere no 60 aniversario do seu falecemento

Xoves, 22 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este xoves nos actos de homenaxe a Luis Pimentel no 60 aniversario do seu falecemento, que acolleu ao longo da tarde o Vello Cárcere.

A programación, organizada polo Concello, o colexio Luis Pimentel e a ANPA do centro, consitiu nunha exposición, unha lectura de poema do autor en voz dos nenos e nenas que estudan neste colexio e unha mesa redonda, coa participación dos escritores lugueses Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Paco Martín. Tamén tivo lugar o recital de poemas cantados a cargo de Pilocha.

Noticias relacionadas