
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, recibiu á nova directiva da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Riñón (ALCER). No encontro, no que estiveron presentes tanto a presidenta como o vicepresidente deste colectivo, María José Otero e Paulino Blanco, respectivamente; a edil desexoulles boa sorte neste novo cometido, así como que alcancen todos os obxectivos propostos, que, principalmente pasan por intentar cubrir as demandas das persoas con estas doenzas.
Abelleira aproveitou esta toma de contacto para amosarlle a Alcer o apoio e a colaboración do Concello, como ata o momento, e a intención de seguir compartindo sinerxias que redunden no benestar de toda a cidadanía, e neste caso especialmente no caso na das persoas que padezan unha enfermidade renal.