Miguel Fernández visitou este venres dita feira, que permanecerá aberta ata o 18 de xuño, de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:30 horas
Venres, 02 de xuño de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Voceiro municipal, Miguel Fernández, visitou este venres a Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que celebra os seus 26 anos dende hoxe venres e ata o 18 de xuño no fondo da Praza Maior. A feira, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración do Concello, permanecerá aberta de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:30 horas. Nesta edición participarán as librerías Al Tossal (Valencia), Valdezate (Brugos), Cachuán (Madrid), Becquer (Alicante), Quim (Barcelona), Asilo del libro (Valencia), Cajón de sastre (Ponferrada).