A exposición Áureo achega 67 óleos da obra póstuma de Jose Manuel Cancela ao MIHL

Carmen Basadre inaugurou esta mostra, que se poderá visitar neste museo de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas

Venres, 11 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A exposición Áureo achega 67 óleos da obra póstuma de Jose Manuel Cancela ao MIHL

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este venres no MIHL a exposición Áureo, que recolle a obra póstuma de Jose Manuel Cancela Fontela Piño, un pintor lucense de formación autodidacta. Nesta inauguración estiveron presentes os seus familiares e numeroso público.

Esta mostra consta de 67 óleos representativos de diferentes etapas artísticas, todos eles cun común denominador, como son as proporcións áureas. O número áureo centrou o traballo deste artista durante estes últimos anos, estando presente tanto en paisaxes como en abstractos.

A mostra poderase visitar no MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

Multimedia

  • A exposición Áureo achega 67 óleos da obra póstuma de Jose Manuel Cancela ao MIHL

Noticias relacionadas